Saltar ao contido principal

ADAPTARSE AO CLIMA

Ola bloggers!

Boas a todos, outra semana máis rematada, e xa se achega o fin da primeira evaluación. 

 Esta semana foi sen dúbida a máis diferente de todo o que levamos de curso, agás o luns na piscina, debido a que a chegada do frío nesta última semana, condicionou a maneira de levar as clases.

 A adaptación ao clima foi sinxela por parte do profesor, xa que semanas pasadas puidemos aproveitar e gozar das pistas para practicar as técnicas de vallas, de salida de tacos, de paso de relevo... polo que en realidade non perdimos nada, senón que seguimos traballando estos conceptos dende a aula de informática e tamén dende a nosa aula do ciclo.

 En resumo, esta semana foi de observación de aspectos da técnica de natación e ademais de observación de vídeos sobre a técnica de vallas e de outros aspectos do atletismo relacionados cos artigos correspondentes aos blogs.

 Persoalmente quedeime coa idea de que aínda que faga un tempo meteorolóxico non moi bo, pódese seguir a practicar de outra maneira sobre os mesmos conceptos, e é unha alternativa xenial para que o funcionamento da clase e os conceptos se sigan traballando sen parar.

 Grazas a todos por lerme unha semana máis!! Saúdos 👋👌

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros