Saltar ao contido principal

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

 Boas a todos bloggers, no día de hoxe veño a contarvos unha experiencia que vivimos os alumnos do ciclo fai un par de semanas e que me gustaría compartir con vós.

 Nun primeiro intre, Eduardo explicounos cómo iba a ser organizada a carreira e o papel que nós teriamos que desenvolver no lugar da competición. Cada un de nós tiña un traballo que facer na carreira de orientación que se levou a cabo no parque de Frigsa en Lugo. 
 Os corredores tiñan que realizar un recorrido no menor tempo posible, seguindo a orde das balizas ata completalas todas. 

 E agora contareivos o papel que tivemos que facer os meus compañeiros e máis eu. 

10 compañeiros tiñan que recibir aos distintos institutos que viñan ao campeonato, e ademais deberían de darlle a cada un dos participantes de cada instituto as tarxetas que se utilizaron na carreira para comprobar que o recorrido polas balizas foi correcto, ademais de controlar o tempo que tardaba o corredor en ir de unha baliza a outra, así como tamén o tempo total da proba de cada un dos corredores.
Por outro lado, 3 compañeiros estiveron axudando na saída a avisar aos alumnos aos que lles tocaba para informalos de como funcionaba a saída. E o resto estivemos en diferentes lugares do Parque de Frigsa, sendo a nosa función a de previr riscos, así como axudar aos corredores se algún tiña duda sobre o recorrido ou o que fose. 

 Pero persoalmente non foi o único que fixen, supervisar a proba e axudar aos corredores, senón que estiven na zona de meta, onde os competidores chegaban e entregaban o mapa, decían a hora na que comezaran a proba e tamén entregaban a tarxeta da que anteriormente vos falei. E alí axudei con varios compañeiros a recoller o material, anotar e gardar os diferentes mapas nos seus respectivos lugares para que despois os profesores de cada instituto os levase e así facer un análise posterior (feedback) de como foi a proba.
 E xa por último, 6 compañeiros recollimos as balizas polas cales os corredores tiñan que pasar as súas tarxetas. 

 Opino que a opción de colaborar nun campeonato a nivel provincial sobre esta actividade de orientación, foi un grandísimo acerto xa que experimentamos desde dentro como funciona a organización dun campeonato de maneira seria. Ademais, tivemos a oportunidade de desenvolver as nosas capacidades para explicar e relacionarnos cos usuarios que un Técnico Superior ten normalmente, polo que me parece unha experiencia enriquecedora e divertida. 
A única pega que lle poría ao tema da organización da carreira sería a de que os colaboradores non levasemos unha prenda diferente, como por exemplo un peto, xa que varias veces os corredores non sabían se nos podían preguntar algo sobre a proba.

 Sen dúbida, encantaríame repetir esta experiencia xa que ademais de pasalo ben con compañeiros e corredores, os cales foron moi majos, por certo, sinto que gañei unha pouquiña máis de experiencia que seguro nun futuro me vai a servir de moito para outras experiencias que vivirei. 

 Espero que o 24 de marzo poida ir a unha proba que se realiza tamén en Lugo pero a nivel de Galicia, e axudar e colaborar coa organización e tamén cos corredores que necesiten calquera cousa.

 Grazas a todos por lerme, un saúdo, que teñades bo fin de semana! 😊😉👌


Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros