Saltar ao contido principal

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!

 Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇

  A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú. 
Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas. 

 O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.

 O mércores, para min, foi o mellor día da semana debido a que baixamos ás pistas e fixemos un circuito no que traballamos drills de vallas, velocidade e tamén un pequeno traballo con bolas de pouco peso. Fixemos unha pequena competición e pareceume algo moi divertido e que todos disfrutamos competindo. 
 Por outro lado, seguimos avanzando na técnica e sobre todo, na táctica do Rugby Tag, posto que esta semana Eduardo nos axudou a buscar a maneira de realizar un bo ataque para conseguir o ensaio. 

 Finalmente, o venres, estivemos só unha hora na aula de informática, hora na que o profesor nos deixou decidir o que facer no noso blog.

 Persoalmente, para min foi unha semana moi completa, sobre todo debido aos conceptos obtidos o mércores sobre o Rugby Tag, pero o que me gustaría destacar desta semana é que non deixamos de aprender. A metodoloxía que utiliza Eduardo fai que todas as semanas sigamos avanzando en tódalas actividades realizadas nas súas horas de clase, e é algo que me fai disfrutar moito das clases.

 Grazas a todos por lerme un día máis, vémonos a semana que vén, saúdos bloggers!! 👀👋👌👍

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros