Saltar ao contido principal

DRILLS PARA MELLORAR A TÉCNICA E COORDINACIÓN EN VALLAS

                                          Ola bloggers! 😊

No artigo de hoxe veremos diferentes drills ou exercicios que podemos levar a cabo para mellorar a técnica e a coordinación en probas de vallas.

A técnica e a coordinación son un factor moi importante e que é necesario para realizar unha proba de este estilo. Para isto, os atletas necesitan unha grandísima preparación física e tamén coordinativa que se debe levar a cabo durante o tempo necesario para alcanzar un resultado óptimo en competición.

Antes de comezar a falar dos exercicios ou drills que se poden realizar para levar a cabo a mellora técnica e coordinativa, falaremos das diferentes fases que se dan na competición de vallas.

Dentro da proba de encontramos 4 fases que se levan a cabo á hora da carreira: 

· SAÍDA
 A saída en vallas é moi similar á das probas de velocidade que no anterior artigo subido ao blog se explica. Só destacar unha pequena diferenza; debido a que o atleta se debe de enfrontar ante un obstáculo, neste caso a primeira valla das 10 que se deben de superar, o tronco elévase máis rápidamente para poder chegar coa posición óptimo ao paso da primeira valla.

· PASO DA VALLA
 Para realizar de maneira correcta o paso da valla o atleta debe de invertir o menor tempo posible á hora de atacala, e para eso interveñen os seguintes factores:

a) Perna de ataque → É a perna que primeiro pasa por enriba da valla. Debe subir flexionada e extenderse á hora de pasar por enriba do obstáculo. Unha vez superado, busca de maneira rápida o contacto co chan para invertir o menor tempo posible.

b) Perna de impulso → É a perna que impulsa o corpo para que a outra perna ataque a valla. Unha vez esté superándose o obstáculo, debe de estar paralela ao chan. Cando a perna de ataque toma contacto co chan, débese situar nunha posición de 90º.


c) Acción do tronco e a cabeza → O tronco, a medida que a perna de ataque pasa a valla, vaise inclinando hacia adiante para compensar a elevación da perna de ataque e favorecendo a rápida busca do chan á hora de sobrepasar o obstáculo. Unha vez superada a valla, o tronco volve a erguerse e prodúcese o mesmo proceso á hora de enfrentar a seguinte.




d) Acción dos brazos → Os brazos actúan, de maneira importante, cando a perna de ataque está a sobrepasar a valla, utilizándose o brazo contrario á perna atacante para obter un equilibrio do corpo. Nesta acción, o brazo do lado da perna de ataque, non tende a irse para atrás, senón que busca unha estabilidade co tronco que neste momento está extendido hacia adiante de maneira notable.


e) O punto de batida →  É o punto no que os atletas deben comezar o paso da valla, facendoó no lugar máis indicado para que o obstáculo non esté nin demasiado cerca nin demasiado lexos para non estropear o ritmo de carreira.



· A CARREIRA ENTRE VALLAS

 A partires do primeiro contacto co chan, o atleta da 3 zancadas, coincidindo sempre a mesma perna de ataque, e sendo o segundo paso o máis largo e o terceiro o máis corto, xeralmente. 



· O FINAL

 Unha vez superada a última valla da proba, o atleta debe de volcar todo o seu esforzo en alcanzar a meta, disminuíndo a zancada se é necesario debido a fatiga da proba que se levou a cabo.

 Esta proba de vallas, que como podemos ver ten unha realización de gran esixencia, débese preparar intensamente para levala a cabo da maneira máis exitosa en competición.

A continuación mostrareivos unha serie de exercicios para mellorar a coordinación e tamén a técnica en vallas.

-DRILLS (EXERCICIOS)


      1. Ataque e recuperación 
 O atleta desprázase hacia adiante elevando e extendendo a perna por enriba da valla que simula o ataque. A perna de impulso apoiada na zona do metatarso do pé produce unha lixeira extensión, contribuíndo tamén unha alineación da cadeira, o xeonllo ou rodilla e a canela ou tobillo.
Unha vez a perna que simula o ataque descende para entrar en contacto co chan, a outra perna simulará o movemento de recobro pasandoa polo costado do corpo.

      2. Drill de ataque

 Unha vez ubicadas 3 vallas a 1.5 metros de distancia entre elas e colocadas a unha altura media, o atleta deberá, ao aproximarse á primeira valla, atacar cunha perna e superar a valla, mentres que o tronco se inclina hacia adiante. A outra perna realiza o movemento de recobro mentres que os brazos acompasarán o movemento. Deberáse realizar coas dúas pernas.

      3. Drill de recuperación de paso de valla con apoio

 Co tronco inclinado hacia adiante e apoiando as mans sobre un poste con un dos pés apoiados, débese manter unha liña anatómica coas articulacións do tobillo, a rodilla, a cadeira e o tronco.
Ao lado do deportista ubícase unha valla á altura da cadeira do atleta sobre a cal se realizan movementos que imiten a perna de recobro no paso de valla hacia adiante.

     4. Pasos laterais con elevación de muslo

 Colocaránse 3 vallas aproximadamente a 1 metro de distancia entre elas a unha altura media.
O deportista, ubicado xunto a primeira valla, deberá pasar de forma lateral elevando os muslos de maneira alterna sobre cada unha das vallas, realizándose de maneira rítmica e simulando a acción do braceo. O drill deberá ser feito con ambas pernas, dereita e esquerda.

     5. Drill 3 apoios

 Colocaránse 3 vallas a 3 metros de distancia entre cada unha de elas a unha altura media.
O atleta deberá de marcar de maneira moi esaxerada as 3 zancadas ou apoios no recorrido entre valla e valla, ademais de simular os movementos pertinentes da perna de ataque, a de impulso e a acción dos brazos no paso de valla, levando a cabo un movemento rítmico.
Cabe destacar que neste drill, poderíanse engadir variantes, como por exemplo realizar os 3 apoios entre valla e valla co tobillo en vez de facelo nas puntas, ou tamén realizando un paso lateral á hora de pasar a valla.

     6. Drill 4 apoios laterais

 De novo, ubicaránse 3 vallas a uns 3 metros de distancia entre cada valla a unha altura media.
Este drill é similar ao anterior, con un par de diferenzas, que é que o atleta deberá de facelo de maneira lateral á hora do recorrido entre valla e valla, e tamén o paso da valla deberá de ser lateral, polo que varía o movemento da perna de ataque, da perna de impulso e do tronco, aínda que se mantén o movemento rítmico e tamén a acción dos brazos.

Todos estos exercicios, nos serven para perfeccionar a técnica e tamén a coordinación no paso de vallas. Ademais, estes drills que eu vos propoño son uns pouquiños dos moitos que existen e que tamén son efectivos, debido a que hai moitas variantes en cada un dos exercicios e todos axudan a esta mellora da que estamos a falar no artigo de hoxe.


Para rematar, na bibliografía vós deixo as fontes de información coas que elaborei o artigo, pero non teñades dúbida algunha en botar unha ollada e mirar variantes ou exercicios diferentes aos que eu vos expuxen no día de hoxe.


E isto foi todo, espero que teñades unha boa semana e en próximos días, traereivos máis entradas e artigos sobre o que vaiamos practicando e estudando en clase.


Un saúdo! 😊

· BIBLIOGRAFÍA:


YouTube
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que