Saltar ao contido principal

INTRODUCIÓN

Boas a todos!

Ola bloggers, no día de hoxe veremos unha pequena introdución ás técnicas de natación.

· ESTILO CROL ➜ O estilo crol é sen dúbida o máis coñecido e tamén o máis utilizado por todo o mundo. Ademais, é o estilo da natación máis rápido, seguido do estilo bolboreta, que máis tarde veremos.

 Neste estilo, o nadador encóntrase en posición ventral, é dicir, mirando hacia ao fondo da piscina.    A acción dos brazos é completa e realizase de maneira alternativa, primeiro o brazo dereito e logo o esquerdo, mentras que a acción das pernas é moi variable, segundo a distancia da proba e tamén dependendo de cada nadador.
 O 80% da propulsión no estilo crol, é realizado pola acción dos brazos, mentres que só un 20% o realiza a acción de pernas.

· ESTILO ESPALDA ➜ O estilo espalda, seguido do crol, é tamén outro dos estilos de natación máis coñecidos e practicados. De feito, este estilo tamén se denomina crol de espalda.

 A diferenza co estilo crol, é a posición do nadador, posto que se encontra en posición dorsal, é dicir, coa espalda mirando hacia o fondo da piscina. A acción de brazos, tamén é alternativa, e a acción das pernas tamén varía como no estilo crol, dependendo da distancia da proba e de cada nadador.
  Como curiosidade, este estilo comezou a nadarse desta maneira a mediados do século XX, xa que antes a acción de brazos non era alternativa, senón que era simultánea, ademais de que se utilizaba a patada de bicicleta na acción das pernas.
 A propulsión dos brazos neste estilo ocupa un 75%, e a das pernas, só un 25%.

· ESTILO BRAZA ➜ É o estilo máis antigo, debido a que os movementos e postura son os máis sinxelos e naturais. 

 A técnica de este estilo é a que máis rápido evolucionou respecto aos demais estilos, pero aínda así, segue sendo o estilo máis lento de todos. O nadador neste estilo, encóntrase en posición ventral, é dicir, mirando hacia o fondo da piscina coma no crol. A acción de brazos e a de pernas neste estilo son simultáneas e simétricas, coordinándose cun movemento ascendente e descendente de hombros e cadeira que permite a inspiración.
 Neste estilo, a propulsión está moi equilibrada, xa que un 50% da propulsión dase grazas a acción de brazos, e o outro 50% a acción das pernas.

· ESTILO BOLBORETA ➜ Despois do estilo crol, é o estilo máis rápido, e tamén o máis moderno dos 4. Nace como unha variante do estilo braza e esixe un gran nivel de forza e tamén de coordinación.

 Neste estilo a posición é ventral, como no estilo braza e crol. A acción de brazos e de pernas é similar a do estilo crol, actuando de maneira simultánea e con lixeiras variacións. Ademais, este estilo require unha perfecta coordinación entre as extremidades inferiores e as superiores. 
 A acción das pernas simula o aleteo dos delfíns, polo que este estilo tamén é coñecido como estilo delfín. O movemento continuo e ondulatorio do corpo, en forma de 'S' tumbada, coordinándose de maneira perfecta para conseguir unha propulsión óptima é outro aspecto moi característico deste estilo tan complicado de realizar.
 A propulsión dos brazos na mariposa é dun 65% mentras que a das pernas e dun 35%.

 Unha vez comentados todos os estilos, comparto con vós os seguintes enlaces de competicións de cada estilo para que vexades de maneira ilustrada o comentado anteriormente: 

 - Final dos 50 metros crol nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
 - Final dos 100 metros espalda nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
 - Final dos 100 metros braza nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
 - Final dos 100 metros mariposa nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

Espero que disfrutarades este artigo tanto coma min, un saúdo a todos bloggers! 👌👍

- Bibliografía:

Técnica de natación
YouTube

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que