Saltar ao contido principal

ANÁLISE COMPARATIVO PASO DE VALLA (400M) E PASO DE OBSTÁCULO (3000M)

Ola!

 Boas a todos, hoxe veremos neste novo artigo o análise da proba dos 3.000 metros obstáculos, centrándonos na descrición da proba e a técnica.
 Ademais, farei un análise comparativo entre o paso de obstáculo nos 3.000 metros e o paso de valla nos 400 metros vallas.

 Comezamos pois coa descrición da carreira de 3.000 metros obstáculos:

- DESCRICIÓN DOS 3.000 M


- A proba dos 3.000 metros obstáculos consiste en que os competidores deberán de superar 28 obstáculos e tamén 7 pasos pola ría, completando 7 voltas e media á pista.

- Os obstáculos secos teñen unhas medidas de 91,4 cms. de altura e de 396,24 cms. de ancho

Por outro lado, os saltos de auga teñen unha lonxitude de 356,76 cms. e unha profundidade máxima de 69,85 cms.

- Nos primeiros 200 m. non hai obstáculos e, despois, cada 400 m. hai 4 obstáculos e 1 salto de agua.

- Os competidores deben saltar por encima, pisar ou axudarse con unha man para superar os obstáculos.


- Non cruzar pola agua ou fundir un pé nun obstáculo seco, implica descalificación.

- TÉCNICA DE CARREIRA NOS 3.000 M

 Referido a técnica distinguimos 3 partes ou fases fundamentais na proba dos 3.000 metros obstáculos:

   · Paso da ría
   · Paso do obstáculo
   · Carreira entre obstáculos


1. Saída

 Pero primeiro de todo cabe destacar cómo se realiza a saída neste tipo de proba. Trátase de unha saída alta, é dicir, sen tacos, como se fai nas probas de velocidade e que poderedes ver máis claramente na seguinte imaxe:
                                                       Imagen relacionada

2. Paso da ría
 Se se quere manter o ritmo da carreira o primeiro apoio despois de salvar a "ría" debe caer o máis lonxe posible, a poder ser na agua, para amortiguar o golpe, aínda que o seguinte apoio deberá realizarse fora, xa que de non facelo, sería descalificado.
 O travesaño pasaríase apoiando o pé no mesmo e utilizando ese mesmo impulso para perder o mínimo de velocidade posíbel e continuar así coa carreira. A "ría" é conveniente atacala coa perna "hábil" de tal forma que ao ser ésta  a que se apoia en segundo lugar, o forte impacto da caída no chan amortigue de mellor maneira e así perder menos ritmo de carreira. 
 Adxunto vídeo para unha mellor explicación desta fase da técnica dos 3.000 m. obstáculos.

3. Paso do obstáculo
A técnica deste paso pode realizarse de dúas maneiras:

· Con apoio do pé: Este sistema de paso é moi parecido ao que se realiza no paso de ría, pois a perna de ataque apoiase flexionada no travesaño do obstáculo seco dende o talón ata a punta do pé para coller impulso. A outra perna, pasa flexionada e busca rápidamente o chan.





· Paso de valla: En esta técnica de paso, todo é igual ao paso de valla nas carreiras de velocidade, exceptuando que se fai a unha velocidade máis baixa debido á duración da proba. A perna de ataque busca o obstáculo mentres que o corpo inclínase e a perna de impulso pasa flexionada e rápidamente.

                                                    Resultado de imagen de paso de valla 3.000 metros

4. Carreira entre obstáculos

 Un factor moi importante á hora de levar a cabo unha carreira de tanta duración e de tanto rendemento físico como son os 3.000 metros obstáculos, é a economía da carreira, é dicir, a maneira de distribuir os esforzos durante a proba.
 Para conseguir de maneira óptima a realización desta proba, debemos de saber uns puntos que os competidores de máis alto nivel levan a cabo para xestionar esta economía:

   • Corpo máis relaxado

   • Brazos de maneira máis natural
   • Amplia lonxitude de zancada
   • Apoio do pé (moito máis apoio que nas carreiras de velocidade)
   • Exacto coñecemento tanto do paso coma do ritmo
 


- COMPARACIÓN DO PASO DE VALLA E DO PASO DE OBSTÁCULO

 Neste análise comparativo fixarémonos nas diferenzas entre a técnica na proba de 400 metros vallas e a técnica na proba dos 3.000 metros obstáculos.


 Despois de estar vendo tanto na clase coma na casa diversos vídeos sobre estas dúas probas en competiciones a niveis europeo e nivel mundial, cabe destacar unha diferenza por encima do resto:


1- A velocidade a que se supera o obstáculo ou valla: Isto é obvio xa que debido á distancia e duración das probas, nos 400 metros vallas o atleta pasará a valla de maneira máis rápida para perder o mínimo tempo posible; mentras que nos 3.000 metros obstáculos, o paso do obstáculo debe de ser máis lento pola dureza e duración da proba.


2- A acción do tronco: Nos 400 metros vallas, o tronco inclínase de maneira esaxerada hacia adiante,  facendo que o corpo actúe de maneira aerodinámica co obxectivo de non perder moita velocidade no paso da valla; por outro lado, nos 3.000 metros obstáculos o tronco encóntrase de maneira moito menos flexionada hacia adiante, senón que de maneira máis erguida.

3- A acción dos brazos: Nos 400 metros vallas os brazos axudan coma o tronco a establecer unha posición aerodinámica, e ademais serven para equilibrar o corpo no aire no momento do paso de valla; nos 3.000 metros obstáculos, os brazos son tamén encargados de equilibrar o corpo, pero teñen unha función menos importante que nos 400 vallas, xa que a velocidade non é a mesma.

Antes de finalizar o artigo, comparto con vós a final de 400 metros vallas dos xogos olímpicos de Londres 2012 e tamén a final de 3.000 metros obstáculos nos xogos olímpicos de Londres 2012.

E ata aquí o análise, grazas por leerme un día máis e saúdos a todos! 👌👍😊

- Bibliografía:

Guía para o aprendixaze de atletismo
Google Imaxes
YouTube

Artigo en colaboración con: 
- Héctor Rodríguez Expósito



Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que