Saltar ao contido principal

CROL

TÉCNICA DE CROL

A técnica de crol conta con varias fases que se deben levar a cabo para realizar de maneira correcta o nado deste estilo de natación. As fases son:

· Acción das pernas

· Acción dos brazos
· Posición do corpo
· Coordinación
· Respiración

A continuación, veremos unha descrición de cada unha das fases desta técnica de crol, comezando por:


- ACCIÓN DAS PERNAS

 Nesta fase as pernas realizan un movemento denominado batido aleteado, debido a que se bate a auga coas pernas, ou tamén patada de crol

 A patada de crol contribúe pouco á propulsión, pero sí que axuda de maneira moi notable á outros aspectos; a coordinación global do estilo, e a manter unha boa colocación do corpo que permita unha posición hidrodinámica.


 A acción das pernas comeza nas cadeiras, axudando a realización do movemento ascendente e descendente das pernas. 

 O movemento ascendente busca que o pé saia á superficie, en posición plantar, e unha vez na superficie, a rodilla flexiónase e comeza o movemento descendente do batido.

 Por outro lado atópase a coordinación cos brazos das pernas, que axuda a propulsión; esta coordinación pode ser de 6 tempos ou de 2 tempos, dependendo da proba que se vaia a realizar, aínda que o habitual é que os nadadores de velocidade, utilicen os 6 tempos, e os de fondo 2, xa que produce un gasto enerxético menor.


- ACCIÓN DOS BRAZOS

 Na acción de brazos, distinguimos dúas fases principais; a tracción e o recobro.

 A fase de tracción dividiremola en 4 subfases: entrada, agarre, tirón e empuxe.


 Nada máis introducir o brazo na auga, o brazo exténdese cara adiante (entrada), e despois móvese hacia fora e hacia abaixo (agarre) e según se move hacia a perna cambia hacia adentro (tirón), terminando o brazo hacia fora, arriba e atrás (empuxe) para realizar o recobro ata volver á tracción.


- POSICIÓN DO CORPO

 A posición do corpo, é algo fundamental en todos os estilos, e polo tanto debe de ser o máis hidrodinámica posible, é dicir, intentar que a auga nos frene o menos posible á hora de nadar.

 Para conseguir esta posición hidrodinámica do corpo debemos de ter en conta 3 aspectos:


· A alineación horizontal do corpo: Consiste na alineación horizontal óptima para realizar unha técnica de pernas da maneira máis efectiva posible, evitando unha maior resistencia da auga.

· A alineación lateral do corpo: Debido ao movemento alternativo dos brazos, o corpo tende a xirar hacia un lado ou outro dependendo da brazada que se esté a realizar.
· O rolido: Nos estilos crol e espalda, e o xiro do corpo que se produce a través do eixe lonxitudinal.

 De non realizar ben estas 3 posicións do corpo á hora de nadar este estilo, dará lugar a unha pérdida de velocidade, de unha ineficaz respiración ou dunha escasa recuperación dos brazos.


- COORDINACIÓN E RESPIRACIÓN

 A coordinación é algo moi importante na natación, e axuda ao nadador a alcanzar a maior velocidade posible coa menor resistencia da auga posible, e tamén así a non fatigarse de maneira rápida debido ao esforzo físico realizado. 

 Para obter unha coordinación e un resultado óptimo, debemos de realizala da seguinte maneira:

  1. Cando a man dereita entra na auga, o brazo que tracciona debe ter realizada a metade do recorrido e a vez realizar a exhalación pola boca e polo nariz.
  2. A man dereita continúa fundíndose hacia abaixo mentras o brazo que tracciona comeza a retroceder hacia o centro do corpo.
  3. Cando o brazo esquerdo casi complete a tracción, aplicaráse a forza a ambas mans para que se produza una propulsión hacia diante.
  4. A medida que se vaia completando a acción do brazo esquerdo, a perna esquerda diríxese con forza hacia abaixo.
  5. Cando a man dereita presiona hacia abaixo, o codo esquerdo comeza a doblarse, situándose ambos codos en posición elevada cando os brazos avanzan.
  6. Cando a man que tracciona termina a metade da súa propia tracción, tanto ésta como a cabeza comezan a xirar sobre o seu eixe lonxitudinal, a medida que a exhalación se realiza máis forte.
  7. A cabeza continúa o seu xiro lateral e a man que tracciona volve ao centro da línea do corpo.
  8. Por último, comeza o impulso da perna dereita mentras o brazo dereito termina a tracción.       A boca sae á superficie e prodúcese a inhalación. 
 Por outro lado, a respiración tamén é algo que se aprende desde o principio, e aínda que parece que é algo simple que só consiste en inhalar e expulsar aire, complícase de maneira importante á hora de coordinarse co movemento das pernas e tamén dos brazos.
 Para coordinar de maneira correcta a respiración co resto do corpo, debemos de seguir os seguintes pasos:
  1. A cabeza debe xirar hacia un lado (non se levanta) mentres o corpo xira hacia ese mesmo lado.
  2. A boca sae á superficie no momento en que sae o codo de ese mesmo lado para o recobro. Esto sucede ao mesmo tempo que o brazo contrario entra na auga.
  3. O momento de máxima inhalación é cando o hombro está no punto máis alto.
  4. Mentres se inhala ou colle aire, unha meixela, a orella e un ollo estarán na auga.
  5. Cando o brazo se dispón a entrar de novo na agua, o corpo xirado á posición prona e polo tanto cabeza tamén.
  6. A cara estará dentro da agua na súa totalidade coa auga á altura do nacemento do pelo e a vista mirando hacia adiante.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que