Saltar ao contido principal

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!

 Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo. 
Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.

 Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que é o que realmente nos interesa neste momento.


 Como vos dicía, Eduardo díxonos que nos organizásemos en grupos de 4 persoas para realizar as carreiras de relevos. Posteriormente, as carreiras comezarían, pero non sen antes facer unhas probas tanto do paso do testigo coma tamén da salida de tacos para ter un mellor conocemento sobre os nosos compañeiros de equipo e tamén sobre nós mesmos.

 O aspecto que me gustaría destacar foi a sutileza conque nos tratou o profesor, é dicir, a maneira de motivarnos aos alumnos para que fose cal fose a carreira, estivésemos concentrados e deramos o mellor de nós mesmos.
E...¿cómo conseguiu eso Eduardo? Pois de maneira moi sinxela; o que fixo foi facer que tódolos equipos corrésemos sempre, xa que se un equipo perdía no que equivale á 1ª fase dunha competición, non deixaba de correr e se iba á grada mirar cómo os demais corrían, senón que volverían a competir na seguinte ronda, e chegando a competir no que denominou final de bronce e final de prata, conceptos que me fixeron cavilar que desta maneira todos os equipos, aínda que fose polo bronce, darían o máximo, xa que é unha final.

 Ademais de isto, seguiu a dinámica da semana pasada de que os equipos que non estaban a realizar ás probas de carreiras, visualizaban e comentaban a proba dos demais para así ver erros e tamén variantes dos compañeiros á hora de competir. Tamén, realizamos este proceso de observación o luns na piscina coas zambullidas de cabeza e a saída do buceo despois desta a estilo crol, divididos en grupos de 3 ou 4 persoas.

 Fascíname esta maneira de traballar tan dinámica na clase, pero tamén a motivación que nos brinda o profesor día a día para mellorar o noso rendemento.

 Grazas, saúdos, e bo fin de semana! 👌👍☺😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros