Saltar ao contido principal

ANÁLISE COMPARATIVO DA TÉCNICA DE BOLBORETA

ANÁLISE COMPARATIVO DA TÉCNICA DE BOLBORETA

 Neste artigo vamos a realizar unha comparación entre dous nadadores de estilo bolboreta, comentando as diferenzas e similitudes que se dan no estilo de nado de cada un dos nadadores.

  O análise estará basado neste vídeo ➜ Comparación submarina da técnica de bolboreta
 e constará dos seguintes apartados:

 Antes de comezar, mencionar que para diferenciar as dúas técnicas chamaremos de diferentes maneiras aos nadadores: nadador de bañador azul ao de enriba, e de negro ao de abaixo.

- ACCIÓN DE PERNAS

 En primeiro lugar podemos observar que a colocación dos pes é distinta, xa que o nadador de bañador azul leva os pes máis xuntos e rotados hacia dentro, mentres que os pes do nadador de bañador negro sepáranse á hora de realizar a patada, de maneira clara, en comparación co outro nadador.


 Outro rasgo característico neste apartado é a flexión de rodillas do nadador de bañador negro, posto que flexiona moito máis as rodillas en comparación co nadador de bañador azul antes do inicio da patada. 


 A patada en ambos casos, rompe a superficie da auga, aínda que observamos que o bañador de negro rompe de maneira máis clara a superficie da auga xa que á hora de comezar a patada as súas pernas forman un ángulo de 90º debido a gran flexión das rodillas.

- ACCIÓN DE BRAZOS

 O primeiro rasgo característico que observamos no vídeo respecto a este apartado da acción de brazos foi a entrada das mans na auga, é dicir, o comezo da tracción. O nadador de bañador azul comeza a tracción coas mans máis abertas co nadador de bañador negro. 


 Por outro lado, podemos observar que o nadador de azul realiza o empuxe na tracción coas mans máis pegadas ao corpo que o nadador de negro, quen as leva máis abertas e separadas do corpo.


 Finalmente respecto a este apartado, aludiremos ao inicio do recobro de cada un dos nadadores.
Sen dúbida algunha, obsérvase que o nadador de bañador azul flexiona máis os codos antes de saír da auga para iniciar o recobro que o nadador de bañador negro.

- POSICIÓN DO CORPO

  O corpo tanto no nadador de bañador azul como no nadador de bañador negro, realiza unha traxectoria ondulatoria grazas ao movemento ascendente e descendente de cadeiras e pernas.

  A posición do corpo de ambos nadadores diferéncianse de maneira clara xa que o nadador de bañador negro, realiza un movemento máis esaxerado, isto é, que inclina o corpo de maneira máis pronunciada cara o fondo da piscina tanto á hora de realizar a tracción como no inicio do recobro.

Por outro lado, a posición do corpo do nadador de bañador azul é moito máis plana, polo que a posición hidrodinámica é máis favorable que a do nadador de bañador negro.

- COORDINACIÓN E RESPIRACIÓN

· Coordinación brazos-pernas ➜ 

 Na coordinación brazos-pernas podemos ver que os dous nadadores realizan 2 patadas por cada ciclo. 
 Cabe mencionar que o nadador de bañador negro realiza unha patada na que o batido descendente ten máis recorrido que a patada que realiza o nadador de bañador azul debido a que flexiona máis a rodilla.

· Coordinación brazos-respiración ➜ 

 Respecto a coordinación brazos-respiración, podemos distinguir que ambos nadadores respiran cada dous ciclos. No ciclo no que non respiran, ambos tamén manteñen a cabeza mirando hacia abaixo.

  Hai unha pequena diferencia neste aspecto entre os dous nadadores, xa que o nadador de bañador negro parece que respira en todos os ciclos posto que a cabeza sae moito mentras os brazos realizan o recobro no aire. 
Esto podemos relacionalo co apartado da posición do corpo na que comentamos que o nadador de bañador negro inclinaba o corpo moito máis, e por eso mesmo é polo que parece que respira en todos os ciclos, pero en realidade non.



- Artigo elaborado en colaboración con:
 · Alberto Lamas Verdes

-Bibliografía:

YouTube
INatación - O estilo bolboreta

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que