Saltar ao contido principal

AVALIACIÓN RECÍPROCA DE SALTOS

Neste artigo vamos a realizar o meu compañeiro Esteban e máis eu unha avaliación recíproca sobre os saltos de pértiga e lonxitude, xa que nós realizamos análises sobre aspectos do triple salto e do salto de altura. 
Esto é unha estratexia didáctica que serve para aprender a través da realización de análise por nós mesmos, aínda que tamén, avaliando aos nosos compañeiros que fixeron análises diferentes aos nosos.

 A continuación, comezaremos coas puntuacións dos compañeiros:


 - SALTO CON PÉRTIGA

·  Vanessa e Carmen  O análise que Vanessa e Carmen fixeron sobre o salto con pértiga, foi na nosa opinión un bo análise, xa que todos os aspectos que avaliamos meu compañeiro Esteban e máis eu, son de bastante nivel. Tanto a descrición coma a presentación do artigo, son de moita calidade aínda que quizá algo breve.
 Por outro lado, o análise e a expresión creemos que tamén ten moi bo nivel pero podería ser mellorable xa que apenas está desarrollado e é un análise bastante esquemático.
 Aínda así, é un gran artigo, polo que a continuación vedes a nota que Esteban e eu cremos que este artigo merece. 
 Noraboa rapazas!

DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
99999

· Alberto e Juanma
 No análise sobre salto con pértiga de Alberto e Juanma podemos ver unha descrición e un análise moi completo e fácil de entender, cunha expresión e presentación do contido moi ben elaborado. 
 Por todo esto, e ademais pola gran cantidade de imaxes e fotogramas explicados, podemos encontrarnos cun artigo de moita calidade e que merece unha moi boa nota. 
 Parabéns chavales!

DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
1010101010

· Iago e Miguel
  Miguel e Iago tamén realizaron un análise bastante completo do que é o salto con pértiga, cunha descrición moi elaborada. No análise podemos deducir que observaron diversos vídeos e estiveron moi atentos xa que é un traballo complicado. 
 Por outro lado, a expresión e a presentación do artigo quizáis é algo escasa e tamén o análise en sí, aínda que conleve moito traballo. 
 De todas formas é un artigo bastante aceptable. 
 Felicitacións rapaces!

DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
108888.5

 - SALTO DE LONXITUDE

· Xesús e Pedro
 O artigo sobre o salto de lonxitude de Xesús e Pedro ten unha descrición do que é a proba un pouco escasa, así como na expresión encontramos varios erros, como por exemplo na descrición das diferentes probas que hai onde só nombra categoría masculina e categoría por edades, olvidando totalmente a categoría feminina. 
  Pola contra podemos ver un análise moi amplo e con porcentaxes onde se pode ver que houbo unha toma de datos sobre moitos atletas. Ademais, a presentación de todo o artigo é boa e axuda a lectura do artigo.  
 Bo artigo! 
DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
69867.25

· Andrea e Rubén 
 Este artigo que Rubén e Andrea realizaron, é un artigo simple onde nos fala moi ben e de forma moi concreta sobre este salto. En canto a descrición do salto en conxunto é mellorable, sen embargo a descrición por fases é moi boa posto que deixa moi claro todas as partes do salto.
 Respecto ao análise, cremos que é moi completo pero só fai unha comparativa da utilización da técnica de extensión entre homes e mulleres. A presentación, podería ser mellorable se engadiran algún vídeo ou gif, e a expresión tamén é bastante boa.
  Bo traballo rapaces! 
DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
88787.75

·  Víctor e Javier
  O artigo realizado por Víctor e Javier, é un artigo bastante completo sobre todo na parte da descrición xa que explica de ampla maneira as diferentes fases do salto. 
 Por outro lado, o análise é demasiado escueto, soamente analizando 12 atletas, aínda que o concepto é interesante.
 A presentación podería mellorarse se engadiran algún vídeo para aclararnos a caída dos atletas no foso. A expresión, é mellorable.
 Artigo completo, noraboa! 
DESCRICIÓN
ANÁLISE
PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN
NOTA FINAL (0 a 10)
86766.75
 

- Artigo elaborado en colaboración con: · Esteban Iglesia Vila

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que