Saltar ao contido principal

ESPALDA

TÉCNICA DE ESPALDA

A técnica do estilo espalda conta coas seguintes fases:

· Acción de pernas
· Acción de brazos
· Posición do corpo
· Coordinación
· Respiración

- ACCIÓN DE PERNAS

 A acción de pernas no estilo espalda é máis importante ca no estilo crol debido a que ademais de axudar a propulsión, mantén o corpo horizontal, compensa e equilibra a acción de brazos.        
Outra das diferencias respecto aos pes de crol é que nos pes de espalda, as rodillas encóntranse moito máis flexionadas ao inicio da batida. 

 Para un espaldista, o batido de 6 tempos é moi importante, ademais de que as rodillas non deben de romper a superficie da auga, e os pes deben de encontrarse relaxados permanecendo dentro da auga e rompendo de maneira moi lixeira a superficie da auga.

 Tamén, o movemento de pernas non é vertical neste estilo xa que o rolido (rotación sobre o eixe lonxitudinal) fai que as pernas se movan hacia dentro e hacia fora ademais dos movementos ascendentes e descendentes de éstas. 

                       Imagen relacionada

- ACCIÓN DE BRAZOS

 A acción de brazos no estilo espalda consta de 2 fases; o barrido e o recobro. (ver GIF)


· Barrido ou tracción ➜ Dentro do barrido, encontramos 4 fases consecutivas:
  Un primeiro barrido descendente que comeza coa entrada da man na auga; un primeiro barrido ascendente que inicia a propulsión; un segundo barrido descendente que pasa polo momento máis impulsor; e un segundo barrido ascendente que prepara a man para o recobro ou a fase aérea.

· Recobro ➜ O recobro no estilo espalda consiste en que, ao rematar o segundo barrido ascendente, o brazo sae da auga totalmente extendido co pulgar mirando hacia arriba e realiza un movemento hacia atrás para voltar a comezar a tracción. O brazo entra na auga ao rematar o recobro co dedo meñique, polo que na fase aérea tamén se realiza un cambio da posición da man.


 Para realizar a acción de brazos de maneira óptima é necesario o rolido, que veremos no seguinte apartado correspondente a posición do corpo.


- POSICIÓN DO CORPO


  A posición do corpo neste estilo é fundamental para unha boa realización da acción de pernas e 

brazos.
 A cabeza estará situada o máis horizontalmente posible respecto á superficie da auga, así como flexionando de maneira lixeira a cintura. Os hombros terán que estar máis arriba que as cadeiras, estando o peito por encima da superficie da auga así como as cadeiras uns centímetros por debaixo para que así as pernas non saian da auga a hora de realizar a patada.
 Neste estilo, coma no crol, inclúese un factor que é o rolido. O rolido é o movemento de rotación sobre o eixe lonxitudinal do corpo, pero en diferenza respecto ao crol, a cabeza no estilo espalda non se move.
 É importantísimo que o rolido se realice en perfecta sincronización cos movementos de brazos.
 Para sincronizar o rolido cos brazos, o corpo debe rotar hacia o lado do brazo que está a realizar o barrido descendente para comezar a tracción acuática. (ver GIF) 
 En conclusión, agás a cabeza, os hombros, as cadeiras e as pernas deben rotar coma unha unidade, é dicir, en conxunto, ou senón veríase perxudicada a posición correcta de alineación.

- COORDINACIÓN E RESPIRACIÓN

· Coordinación brazo - brazo ➜ Un brazo está a entrar na auga mentras o outro realiza a acción de empuxe na tracción do estilo espalda.

· Coordinación brazos - pernas ➜ O batido de pernas no estilo espalda cobra gran importancia, polo que a coordinación que se utiliza casi de maneira xeral, é dicir, pola maioría dos nadadores profesionais sexa o batido de seis tempos. Esto significa que o nadador realiza seis patadas dende que un brazo entra na auga, e ese mesmo brazo volve a entrar no seguinte ciclo.


· Coordinación brazos - respiración ➜ A respiración no estilo espalda é máis sinxela que no resto de estilos posto que o nadador non ten que sumerxir a cabeza baixo a auga, pero sí que hai unha maneira recomendada de levar a respiración neste estilo de nado. Trátase dunha respiración rítmica, é dicir, espirando na entrada dun brazo e inspirando na entrada do outro.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que