Saltar ao contido principal

BOLBORETA

TÉCNICA DE BOLBORETA

A técnica do estilo bolboreta, coma o resto do estilos, conta coas seguintes fases:

· Acción de pernas
· Acción de brazos
· Posición do corpo
· Coordinación 
· Respiración


                      Resultado de imagen de estilo mariposa gif




ACCIÓN DE PERNAS

 O batido de pernas no estilo bolboreta denomínase batido de delfín, debido a que o movemento é similar ao dos delfíns. 
 A acción de pernas divídese en:
· Batido descendente.
· Batido ascendente.
  Por cada brazada de bolboreta, hai dous batidos de pés. O primeiro, batido descendente, ocorre cando entran os brazos na auga e o segundo, batido ascendente, cando as mans realizan o empuxe hacia atrás na brazada.
 Ademais, a colocación das pernas é moi similar a das pernas de crol, aínda que hai unha diferenza notable, as pernas realizan o movemento de maneira simultánea e non alternativamente, ademais de que as rodillas realizan unha flexión máis pronunciada.
 A coordinación dos dous batidos é fundamental para:
 - Manter unha posición hidrodinámica.
 - Asegurarse unha propulsión continua.
 - Axudar á mecánica da cabeza.
 
- ACCIÓN DE BRAZOS

A acción de brazos trátase dunha acción simultánea de brazos de crol, e consta de 3 barridos diagonais e un recobro.
 Os 3 barridos que conforman a tracción no estilo bolboreta son: barrido hacia fora, barrido hacia dentro e barrido hacia fora e ascendente 
 - No barrido hacia fora as mans do nadador deberán de introducirse á vez na auga, á altura dos hombros e coas palmas de mans orientándose hacia fóra.
Despois da entrada na auga das mans, os brazos son extendidos para comezar o movemento das mans hacia fora e hacia abaixo. 
Esta é a posición de agarre, 
 - No barrido hacia dentro ou agarre, os brazos alcanzan a máxima amplitude, e traccionan hacia abaixo, hacia atrás e hacia dentro, mantendo durante esta acción os codos elevados.
As mans realizan un movemento hacia atrás pero os codos siguen elevados provocando aceleración na brazada. Ademais, as mans xúntanse mentras pasan por debaixo dos hombros.
 - No barrido hacia fora e ascendente, as mans móvense hacia atrás en círculo e hacia fora. As mans do nadador pasan a altura da cadeira, aproximándose ao fin da tracción.
 
- POSICIÓN DO CORPO

 No estilo bolboreta non hai unha posición do corpo determinada xa que o corpo está en constante movemento neste estilo durante cada ciclo. A pesar de isto, podemos diferenciar 3 posicións diferentes en cada ciclo.

  - Durante a fase propulsora da brazada, o corpo debe de estar o máis nivelado posible, levando as pernas hacia arriba mentras se realiza o barrido hacia dentro, e procurando que a patada non sexa demasiado profunda durante o barrido ascendente.

 - As cadeiras deberían desplazarse hacia arriba e hacia diante durante o primeiro batido descendente xa que seas cadeiras se desplazan hacia arriba, a patada é moi pouco propulsora en comparación a se van tamén hacia diante.

 -  Os movementos do corpo no estilo bolboreta deben ser suaves e lixeiros, e non se deben realizar con gran potencia, xa que iso fai que a auga opoña máis resistencia. 
 
- COORDINACIÓN E RESPIRACIÓN

- Coordinación brazos-pernas ➜ Por cada ciclo completo de brazos, realizaranse 2 patadas.

 · Primeira patada descendente: Debe comezar cando as mans entran na auga, continúa mentras se realiza o barrido hacia fora e debería completarse antes de efectuar o agarre.
·  Primeiro batido ascendente: Ten lugar durante o barrido dos brazos hacia dentro, axudando mellorar a posición hidrodinámica mentras as pernas se preparan para realizar o seguinte batido ascendente.
· Segunda patada descendente: Debería executarse á mesma vez que o barrido ascendente dos brazos.
· Segundo batido ascendente: Terá lugar durante o recobro dos brazos, realizando a mesma función que o batido ascendente da primeira patada, colocando o corpo plano e as pernas para o batido descendente da seguinte patada.

- Coordinación brazos-respiración Terá que sacarse a cabeza un pouco antes de que os brazos empecen a realizar o recobro no aire. Cando a cabeza está fora e os brazos inician o recobro, a cabeza deberá de volver a meterse na auga e os brazos comezarán a tracción. Respírase normalmente cada dúas brazadas.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que