Saltar ao contido principal

TÉCNICA E FASES DA CARREIRA NAS PROBAS DE VELOCIDADE

Boas bloggers! 😉

Para comezar o mes traiovos unha entrada na que veremos cómo se debe levar a cabo de maneira correcta a técnica de carreira nunha proba de velocidade.


Hoxe, explicaremos a técnica nas probas de velocidade (100, 200 e 400 metros lisos).

O primeiro que debemos de saber é que, en parte, cada atleta ten unha técnica propia á hora de realizar unha carreira deste carácter, posto que tódolos participantes deste tipo de proba, xa sexa en ámbitos máis ou menos profesionais, teñen unha maneira diferente de correr.

A pesar de isto, en todos os corredores podemos ver 4 fases xerais que se realizan aínda que non o fagan do mesmo xeito.

-De onde se sae nas probas de velocidade?:

Dependendo da proba de velocidade que se realice sairáse dun lugar diferente da pista aínda que a liña de chegada será a mesma para todas as probas.

Nos 100 m.l os corredores saen todos dende o mesmo lugar, a última recta da pista.

Nos 200 m.l os atletas saen de forma escalonada na segunda curva da pista comezando dende a liña de chegada, xa que na curva dependendo da calle serían diferentes medidas.

Por último, nos 400 m.l tamén se sae de forma escalonada polo mesmo motivo que no 200m.l, a saída é dende a liña de chegada.


-Colocación de tacos:

Cada atleta coloca os tacos de maneira distinta, diferenciándose 3 técnicas para colocar os tacos; estreita (de 15 a 20 cms), intermedia (de 30 a 40 cms), ou ampla (máis de 40 cms).

-Avisos para a saída:

-Aos seus postos:

Os atletas, despois de colocar os tacos, deben posicionarse por diante de estes; as mans deben de estar separadas paralelas aos hombros e apoiadas coas xemas dos dedos, brazos extendidos, unha rodilla apoiada no chan e outra non.
-Posición de listos:
Os atletas deixan caer o peso do corpo nas mans, os pés fan presión sobre os tacos, tomando aire e reteñendoo e espirandoo á hora do disparo.
-Disparo:
Comeza a presión das pernas sobre os tacos. A primeira perna adiantada exténdese ao completo cando o xeonllo ou rodilla da perna retrasada se adianta. O brazo correspondente a perna adiantada diríxese cara adiante e o outro mentras tanto cara atrás.







-Fases:
· Amortiguamento: O corredor toma contacto co chan coa zona do metatarso (pé). A medida que o centro de gravidade se desplaza hacia diante, o pé roda hacia o interior, ao mesmo tempo que o talón se aproxima ao chan.
Toma de contacto del pie en el suelo al correr
· Apoio: É o tempo durante o cal a trazada perpendicular dende o centro de gravidade coincide coa base de sustentación do corredor. A perna correspondente está flexionada nas súas tres articulacións, o pé encóntrase en contacto co chan con todo o metatarso (tracción do pé no chan ao correr).
Tracción del pie en el suelo al correr

· Impulso: Unha vez que o centro de gravidade sobrepasa a  trazada perpendicular dende o seu punto de apoio, prodúcese unha extensión por parte das articulacións, (cadeira, rodilla, canela) rematando ao abandonar a punta do pé do chan. Esta acción desplaza a masa do corredor hacia adiante e hacia arriba. (O impulso do corredor)

El impulso del corredor
· Vó: Rematado o impulso o pé perde contacto co chan, e a perna comeza, primeiro pola inercia e logo, voluntariamente, unha acción de recollida.

Fase de vuelo en la carrera

A continuación deixovos dúas ligazóns para observar en vídeo estas 4 fases da carreira:


-Observación:
Nos fixámonos na chegada dos atletas en diferentes probas finais das Olimpiadas. A normativa indica que o atleta para completar oficialmente a carreira debe alcanzar cunha parte do tronco o plano vertical ao borde máis cercano a liña de meta.
Nas chegadas que observamos vimos que os atletas realizan unha inclinación do corpo e unha flexión do tronco para alcanzar a liña de meta. A nosa análise diferenza dúas técnicas empregadas nesta fase final da carreira, a primeira, a cal é a máis realizada e que consiste en levar os brazos hacia atrás e realizar a chegada co peito ou coa cabeza; e a segunda consistía en adiantar un dos hombros realizando un xiro sobre o eixe londixitudinal.

 Resultado de imagen de llegada 100 m lisos
Por exemplo nesta imaxe observamos como os atletas das calles 2,3,4,7 e 9 empregan a 1ª técnica, mentres que os participantes das calles 4 e 8 empregan a 2ª técnica.



-Bibliografía:

-WEBS:



-VÍDEOS:






Artículo elaborado en colaboración con:

- Alberto Lamas Verdes
- Iago García Vázquez


Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que