Saltar ao contido principal

PRESENTACIÓN

Boas amigos bloggers! 😋

 Ola a todos e benvidos ao meu blog!

 Chámome Hugo López Pillado e nacín en Lugo, cidade na cal levo vivindo dende o meu nacemento. Teño 17 anos e fun estudiante de Educación Infantil e Primaria no CEIP A Ponte, e posteriormente cursei a ESO e o Bacharelato no IES Lucus Augusti.


 Actualmente estudo o primeiro ano do ciclo de grado superior de Técnico Superior de Actividades Físicas e Deportivas (TSFAD) no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, co obxectivo de obter máis formación no ámbito ao que me quero adicar ao final do grado superior de TSAFD.                   

Dende moi pequeno teño claro que o meu futuro estaría ligado ao ámbito deportivo, enfocado tamén a ensinanza en institutos a rapaces, polo que ao remate do grado me gustaría formarme na Universidade e obter o título de Licenciado en Ciencias das Actividades Físicas e Deportivas.

 Teño a gran sorte de saber dende pequeno ao que me quería adicar no meu futuro, xa que o deporte leva formando parte da miña vida dende que era un cativo de 5 anos, cando comecei a xogar ao fútbol no equipo do meu colexio. A raíz de isto e do satisfeito que estaba co fútbol, comecei un período de probas con 7 anos nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, no cal me admitiron e xoguei durante 8 anos, ata o primeiro ano xuvenil, cando deixei o clube e fichei polo EF Polvorín, gozando moito dos novos amigos que fixen no clube. 

 Despois de estes dous anos xogando no Polvorín, non tiña pensado seguir xogando ao fútbol, pero no vrao ofrecéronme unha gran oportunidade de xogar no Rácing Club Villalbés na categoría máis importante do fútbol base en España, a cal aceptei e estou disfrutando moito nestes momentos, tanto de compañeiros, entrenadores e por suposto, da categoría na que xogamos.

 Pero non son só un rapaz ao que lle gusta o fútbol, senón que me gustan todo tipo de deportes: tenis, baloncesto, atletismo, natación, rugby, patinaxe...

En resumo, son un rapaz que dende pequeno ten un obxectivo claro, con vocación polo deporte e que ten a sorte de poder gozar das oportunidades que lle ofrecen, sempre competindo contra todos, e sobre todo contra min mesmo, e o máis importante, disfrutandoó.

 Aquí remata a miña presentación, vémonos nas seguintes entradas que siga publicando, deica outra bloggers! 👍

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros