Saltar ao contido principal

A DISTRIBUCIÓN!

Boas a todos!

 Xa chegou o venres e outra semana máis completada de clases con Eduardo. Recordade que nesta semana subín outra entrada sobre a clase do mércores en especial e vos invito a ler encantado.

 Respecto as outras clases da semana das que non falei na entrada do mércores, comentarvos que o luns estivemos na piscina mellorando a técnica de braza e tamén a técnica de respiración no croll.
Hoxe, venres, non estivemos nin nas pistas do instituto, nin tampouco na aula de informática, senón que estivemos na nosa aula de 1º de TSFAD, dialogando e organizándonos en dous grupos para levar a cabo a planificación do viaxe á neve que faremos a finais de xaneiro se todo vai ben.

 O máis curioso da clase de hoxe, foi sen dúbida a distribución da clase que utilizou o profesor para levar a cabo a hora que nos pertencía e na que, como antes vos dixen, estivemos a planificar aspectos da viaxe que ogallá fagamos á neve. 
A maneira de organizar o espazo da clase foi a seguinte: dividiu a clase en dúas mesas abondo grandes formadas por varias mesas pequenas pegadas unhas a outras con sillas arredor, e asignándolle unha tarefa a cada unha das mesas. Unha sería a encargada de levar o tema económico (rifas para conseguir un presuposto máis barato) e outra mesa encargaríase de falar con axencias e elaborar circulares, entre outras funcións...

 O que me gustaría destacar foi que con esta maneira de distribuir a clase, Eduardo conseguiu que todos os alumnos estivésemos traballando continuamente e sen distraernos. 
Ademais, vexo ideal enlazar a distribución do espazo de hoxe co de outros días, como por exemplo fai un par de semanas pasou nas pistas xogando ao Rugby Tag, e cando Eduardo nos dixo que tiñamos que visualizar e distribuir o espazo de maneira correcta adaptándonos ás situacións (nº de xogadores..) 

 En conclusión, o espazo no que se traballa e organiza tanto as clases teóricas como as prácticas é un factor moi importante e que se debe ter en conta á hora de planificar calquer tipo de tarefa aos alumnos. E non só a distribución do espazo, senón a distribución dos alumnos tamén, para crear un ambiente máis cómodo e dinámico de clase.

 Saúdos a todos e bo fin de semana, amigos bloggers! 😋👍👌✌

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros