Saltar ao contido principal

A PRECIPITACIÓN É ABSURDA

Boa tarde bloggers! 😉

 Hola a todos amigos bloggers, hoxe nesta entrada tratarei un tema que, sen dúbida, me impresionou das clases que tivemos esta semana con Eduardo. Espero que vos guste.

 Para empezar a semana, tivemos o luns unha clase na que estivemos traballando a técnica na piscina de espalda, braza e croll. O martes, practicamos e tomamos un maior contacto coas regras do Rugby Tag, ademais de participar todos os alumnos como árbitros en diferentes partidos para saber o difícil que é o oficio de ser un bon árbitro. 
 Por último, o mércores fumos a traballar ás pistas do instituto a técnica en paso de vallas e practicando diversos exercicios ou drills para mellorar a coordinación á hora de realizar o paso de vallas nunha proba, e ademais tomando un primeiro contacto coas probas de relevos.

 Todos os días me impresionou sen dúbida, a tranquilidade e paciencia que Eduardo mostrou ante a situación dos alumnos, xa que en todo momento, dende o luns na piscina ata o mércores nas pistas practicando a técnica de vallas e relevos, recalcou que os alumnos debemos avanzar progresivamente e mellorar o noso rendemento en todo o que realicemos na clase pouco a pouco, sen presa, xa que se  se apura por rematar, realizaránse as cousas de maneira incorrecta e polo tanto non perfeccionaremos as técnicas que ensina o profesor.

 Ademais, a reacción que Eduardo tivo ante os imprevistos, posto que o martes, mentras practicábamos Rugby Tag, un furgón `invadiu´ a pista do instituto no que estábamos a xogar un partido. A reacción do profesor e o que nos dixo foi que en eses casos debíamos buscar opcións alternativas, e ensinounos cómo se realiza eso nunha situación similar. 
Neste caso, montou un campo adecuado no que se podía seguir xogando ao Rugby Tag e demostrou a tranquilidade e calma coa que se debe levar unha situación que non estaba planeada.

 Houbo outras curiosidades esta semana na clase de Actividades Físicas Individuais que Eduardo nos imparte... creo que por hoxe é suficiente, e sen dúbida, en próximas entradas volo expoñerei, pero o máis destacábel e interesante das clases de Eduardo (a día de hoxe) é que nos transmite que a precipitación é algo que non nós leva a nada.

 Un saúdo a todos e bo fin de semana!! 👍

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros