Saltar ao contido principal

CARREIRAS: AUTOAVALIACIÓN

Ola!

 Boas bloggers, no día de hoxe, 10-10-2017, comentareivos o funcionamento da clase de Eduardo e os resultados de varias probas que realizamos sobre as carreiras de atletismo.

 Durante uns 35 minutos estivemos a repasar e observar diferentes aspectos das carreiras de velocidade (100, 200 e 400 metros lisos), de medio fondo (800 e 1500 metros lisos), e as carreiras de fondo (3000, 5000 e 10000 metros lisos e o maratón).
 Os diferentes aspectos que visualizamos durante este período de tempo foron a descrición da proba, a técnica que se leva a cabo en cada unha delas e tamén o perfil do atleta máis adecuado.

 Posteriormente ao repaso ou estudo das diferentes probas nas carreiras de atletismo, autoevaluámonos a través dun exame tipo test de un nivel bastante básico sobre este tema. No meu caso, o resultado do test foi 10/10 preguntas correctas.

 Ademais, hoxe, 17-10-2017, unha semana despois do primeiro test, realizamos outro estudo moi similar durante uns 45 minutos sobre a descrición da proba, a técnica e tamén o perfil do atleta adecuado para as probas de vallas (100/110 e 400 metros), a proba de obstáculos (3000 metros), a proba de relevos (4x100 e 4x400 metros) e tamén sobre a proba de marcha.

Nos tests realizados no día de hoxe, o resultado non foi tan ben coma a semana pasada. 
Realizamos 3 tests, nos cales tiven 3 erros no primeiro, e 2 erros no segundo e terceiro
O porcentaxe de acerto está entre un 70/80% polo que non é un mal resultado, pero aínda así non estou moi satisfeito. 

 Persoalmente (respecto ao test do día 10-10-17) contento por saber que, a pesares de ser un exame de nivel baixo, o resultado foi óptimo posto que me anima a seguir indagando e formándome nas técnicas tanto do atletismo como de outras disciplinas deportivas.

 Respecto aos tests do día de hoxe, non me sinto satisfeito como antes vos dixen, pero non únicamente co resultado, posto que o tempo adicado ao estudo de hoxe na clase, creo que non o aproveitei ben e que non estiven totalmente concentrado no que tiña que estar. 
Aínda así, estou seguro de que prestando máis atención e parándome a indagar en dúbidas que poida ter á hora de estudar, estes resultados en tests sobre os conceptos teóricos irán mellorando e poderei conseguir o obxectivo dos 10 acertos en cada un dos seguintes que levemos a cabo en próximas clases.

 Grazas a todos por ler este blog un día máis, constancia, ilusión e traballo para conseguir os obxectivos é, polo menos para min, a clave de todo éxito, e iso será o que farei en próximas probas.

Saúdos a todos amigos! 😃👍👌








 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros