Saltar ao contido principal

DIVERSIDADE!

Boas bloggers!

 Hoxe, mércores, gustaríame publicar unha entrada exclusiva para todo o realizado nas clases de hoxe con Eduardo, pero non dudedes que o venres vos traerei outra entrada máis coma todas as semanas. 😋
 Pois ben, hoxe nas clases baixamos ás pistas, tomando un maior contacto coa salida de tacos e realizando unhas carreiras e piques entre compañeiros en cortas distancias.                 
Despois, realizamos varios partidos de Rugby Tag, por fin, e tamén finalmente falamos de varios temas de organización para actividades que se poidan realizar nun futuro como ir a esquiar ou ir a facer vela.

 Como podedes ler, foi unha mañá na que sen dúbida non paramos, e isto encantoume, porque ademais foron unhas horas nas que disfrutei moitísimo cos meus compañeiros e nas que ademais aprendín de varios erros persoais, tanto na saída de tacos, como tamén no Rugby Tag. 
Na parte máis pasiva da clase, referíndome a charla sobre a organización de actividades fóra do instituto, estivemos uns 20-25 minutos falando sobre varios puntos que debemos de ter claros e planeados e ademais estivemos falando tamén de problemas que puidésemos ter algún alumno para confirmar de maneira irrefutable que poderíamos ir á excursión. 

 Persoalmente, para min foi a mellor clase do que vai de curso, sen ningunha dúbida, posto que todo foi ideal: o clima, a diversidade de actividades practicadas, a maneira de levar e estructurar a clase por parte do profesor... E sen dúbida, o que máis me gustou foi a comunicación que tivemos ao finalizar a clase durante esos 20-25 minutos nos que Eduardo nos falou e nos mandou comunicarnos entre nós para chegar a un fin e organizar tamén entre todos un viaxe á neve ou a facer vela, participando os posibles asistentes dunha maneira ou outra na organización do mesmo.

 Para min, foron unhas clases moi boas e que me apetecía compartir con vós para que vexades a gran diversidade de cousas que facemos con Eduardo. Estou casi seguro que no meu futuro traballo, utilizarei algúns rasgos moi parecidos aos que estou aprendendo nestes primeiros meses de curso.

 Grazas a todos por lerme un día máis, saúdos e ata venres! 👌👍😃



Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros