Saltar ao contido principal

A RESPIRACIÓN NA NATACIÓN: DRILLS

Benvidos a un novo artigo bloggers! 😜

 Boas bloggers! Neste novo artigo comentareivos varios aspectos da técnica da respiración en probas de natación e tamén de algún drill ou exercicio que se pode realizar para mellorar este aspecto.

 A respiración é un factor moi importante á hora de nadar xa que é algo imprescindible para, ademais de poder nadar de maneira correcta, ter a capacidade de nadar durante un maior recorrido sen ter dificultades como por exemplo, tragar auga ou cansarse aos poucos metros de comezar á acción.


 A simple vista, a mecánica da respiración parece moi sinxela, pero o problema chega á hora de coordinar a acción de respirar coa acción dos brazos e das pernas.

A respiración debe de realizarse da seguinte maneira:

· 1- Inspirar aire a través da boca, cando o codo sae da auga para facer a brazada e cando o corpo está realizando o rolido que axuda ademais ao movemento de sacar a cabeza fóra da auga e respirar.
· 2- Expirar ese mesmo aire a través da nariz e da boca dentro da auga antes de sacar a cabeza para volver a coller aire.

- DRILLS PARA MELLORAR A RESPIRACIÓN

 A continuación deixareivos 3 exercicios moi sinxelos e de baixa dificultade que poderedes realizar para mellorar esta técnica tan importante neste deporte:

 · 1 ⟶ Desplazar a pelota sobre a auga:
  Trátase de soplar unha pelota de ping-pong e conseguir desplazala uns centímetros por cada soplido realizado. Non se debe de introducir a cara baixo a auga, só acercarse á pelota e soplar.

 · 2 ⟶ Soplar na auga pola boca:
  Este exercicio é igual que o anterior pero coa variante de ter que introducir a cara dentro da auga e de soplar baixo ésta. Obviamente, neste exercicio non se utiliza ningunha pelota nin ningún outro elemento, só se traballa a acción de exhalar aire baixo a auga.

· 3 ⟶ Soplar na auga pola nariz:

  O mesmo exercicio que o anterior coa variante de que en vez de exhalar o aire pola boca, neste exercicio se fará pola nariz.

 Estes exercicios son moi sinxelos e para xente que se está a iniciar no deporte da natación. 
Ademais, todos estes exercicios os podedes realizar na vosa propia casa, nun recipiente cheo de auga, por exemplo, e facelo de maneira relaxada para mellorar pouco a pouco a respiración.

 Aquí vos deixo un vídeo de exercicios de iniciación na respiración, aínda que nese mismo canle de YouTube, poderedes ver moitas variantes.

 En próximos artigos vos traerei drills e exercicios para seguir mellorando e avanzando na técnica de respiración da natación. 

 Saúdos a todos amigos bloggers, que teñades un moi bo fin de semana! 👋👌👍

- Bibliografía:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros