Saltar ao contido principal

AS CAPACIDADES DUN TÉCNICO SUPERIOR

Ola bloggers!

 Boas, hoxe vos traio unha entrada máis na que falaremos da metodoloxía que utiliza Eduardo para ensinarnos a como utilizar as capacidades que temos e ser uns moi bos Técnicos Superiores de Actividades Físicas e Deportivas.

 Seguramente agora mesmo vos encontredes pensando en cómo o profesor consigue isto, non? 
Pois ben, o que Eduardo nos ensina é a organizarnos por nós mesmos, explícome; dende que comezamos o ciclo, somos nós quen temos que: visualizar aos nosos compañeiros, realizar os quecementos previos a vallas, relevos ou Rugby Tag, e tamén temos que, aínda que con algunha axuda que outra do profesor, levar a cabo a organización da viaxe á neve.

 Con isto refírome a que non hai dúbida que esta semana, coma as anteriores, estivemos sendo de algunha maneira, técnicos superiores, posto que todos os aspectos comentados nos fan selo.              Ademais, tivemos clases teóricas sobre a natación e tamén estivemos estudando sobre o atletismo, polo que non só melloramos na práctica, senón que tamén incrementamos de gran maneira os nosos coñecementos sobre estas actividades que oxalá nun futuro nós teñamos que ensinar.

 Persoalmente, estou encantado con esta metodoloxía que nos fai coller experiencia e nos prepara para novos retos, porque creo que organizar parte da clase, organizar parte dunha viaxe, ver e correxir aos nosos compañeiros... todos estes aspectos, fan que melloremos a nosa capacidade como técnicos superiores.

 Graciñas a todos por lerme un día máis, saúdos, e boa semana! 👌👍😁

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros