Saltar ao contido principal

O RESPETO

Boas bloggers!

 Outra semana máis rematada, xa volvendo á normalidade respecto a semana pasada e realizando tódalas clases de maneira completa.  

 O luns, estivemos na piscina mellorando a técnica da patada de braza e tamén a técnica do rolido de espalda axudados por táboas e aletas. O martes e venres, estivemos a traballar en novos artigos con compañeiros na aula de informática e o xoves, foi o día máis intenso, no que estivemos a traballar a salida de tacos e tamén o paso do testigo nos relevos nas pistas. Por último, na clase do xoves estivemos a practicar Rugby Tag, do que hoxe vos falarei nesta entrada.

 Eduardo utiliza o Rugby Tag para ensinar aos alumnos cómo debe de ser o trato no deporte. 
Nas clases xogamos entre nós, e o árbitro é un dos compañeiros, polo que a arbitraxe non é a máis correcta e en certos intres, hai xogadas dubidosas nas que é difícil sinalar unha cousa ou outra por parte do árbitro, e aquí é onde entra a ensinanza; decida o que decida o árbitro, debemos de aceptalo e ter unha autodisciplina que nos faga seguir xogando sen protestar a decisión do colexiado, ou en caso de querer comentarlle algo ao árbitro, facelo mediante o capitán e sempre dende o respeto e a cordura, é dicir, sen perder a calma.

 Persoalmente, penso que este tema é algo moi complicado no mundo do deporte, xa que o deporte, en xeral, é de competición, polo que todo o mundo quere ganar, e a ambición por ganar fai que ocorran situacións de protestas a árbitro. 
Tamén, por outro lado, hai veces que debido á impotencia que che ocasiona que todo o teu traballo se vexa esmagado por algún erro que teña o árbitro, explotes e lle botes toda a culpa a él...

 A metodoloxía que utiliza Eduardo con respecto a estas situacións, pareceme correcta, sen dúbida, pero creo que ao fin e ao cabo, dialogar co árbitro é algo necesario nun deporte no que se compite, e que ese diálogo se converta en protesta pola tensión do encontro que se está a disputar, non é o ideal, pero creo que é algo que ten que pasar nun deporte de competición, iso si, sen faltar ao respeto, porque creo que se pode protestar a un árbitro sendo respetuoso.

 Espero que teñades un moi bo fin de semana amigos bloggers, a próxima semana traereivos outra entrada, e quizais, un par de novos artigos, saúdos a todos!! 👌👍😊

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

SEGUIMOS AVANZANDO...

Boas a todos!  Outra semana máis que chega ao seu fin e na que seguimos avanzando respecto ás actividades realizadas na clase. Comezamos!! 👇   A diferenza de outras semanas, este luns, fumos a piscina para seguir mellorando técnica de crol e braza, pero de maneira moito menos intensa xa que adicamos unha gran parte do comezo da clase a charlar sobre o tema da financiación para a viaxe á neve, que por certo xa ten destino, Candanchú.  Como consecuencia desta charla na piscina antes de comezar a nadar, todos os alumnos nos puxemos de acordo para a organización e reparto dos beneficios correspondentes ás vendas das rifas.   O martes, estivemos traballando en artigos e tamén vendo vídeos e atendendo a unha clase teórica que Eduardo nos deu sobre o estilo braza (o cal veredes no meu apartado de artigos sobre introdución á natación esta mesma semana) e no que tamén rematamos o estilo crol xa comezado fai un par de semanas.  O mércores, para min, foi o mellor día da semana d

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros