Ola bloggers!
Boas a todos, outra semana máis rematada, e xa se achega o fin da primeira evaluación.
Esta semana foi sen dúbida a máis diferente de todo o que levamos de curso, agás o luns na piscina, debido a que a chegada do frío nesta última semana, condicionou a maneira de levar as clases.
A adaptación ao clima foi sinxela por parte do profesor, xa que semanas pasadas puidemos aproveitar e gozar das pistas para practicar as técnicas de vallas, de salida de tacos, de paso de relevo... polo que en realidade non perdimos nada, senón que seguimos traballando estos conceptos dende a aula de informática e tamén dende a nosa aula do ciclo.
En resumo, esta semana foi de observación de aspectos da técnica de natación e ademais de observación de vídeos sobre a técnica de vallas e de outros aspectos do atletismo relacionados cos artigos correspondentes aos blogs.
Persoalmente quedeime coa idea de que aínda que faga un tempo meteorolóxico non moi bo, pódese seguir a practicar de outra maneira sobre os mesmos conceptos, e é unha alternativa xenial para que o funcionamento da clase e os conceptos se sigan traballando sen parar.
Grazas a todos por lerme unha semana máis!! Saúdos 👋👌
Comentarios
Publicar un comentario