Saltar ao contido principal

ELECCIÓN DO MELLOR BLOG

  Boas bloggers, esta mañá na clase de Eduardo adicámonos a elixir o mellor blog da clase.

  En primeiro lugar, Eduardo dividiu a clase en grupos de 6 ou 7 persoas, e ademais, dividiu cada grupo por parellas. Cada parella debía observar os blogs de parellas de outros grupos, comentar sobre el e facer a elección do mellor blog da parella en cuestión.

  A compañeira coa que tiven que comentar o blog foi Sara Flores, e tivemos que elixir entre os blogs de Andrea e de Éric.
Sara e máis eu observamos ambos blogs, dándolle maior importancia ao contido (apuntes de natación, entradas semanais, expresión...) e decantámonos polo blog de Éric posto que tiña feitos todos os apuntes de natación e ademais todas as entradas semanais dunha maneira máis elaboradas e mellor expresadas.
 Pola contra, o diseño do blog de Andrea na nosa opinión era máis adecuado e agradable para ler, pero aínda así o contido e a expresión de Éric fixo que nos decantásemos polo seu blog, como anteriormente vos dixen.

 En segundo lugar, tivemos que comparar o mellor blog entre os elexidos polos nosos compañeiros de grupo, que foron: Pablo Villar e Cley e elixir un entre os 3: Éric, Pablo e Cley.

 E de novo escollemos a Éric, posto que o contido seguía sendo o máis completo dos 3 blogs a elixir.

 Posteriormente e xa en último lugar, os 4 blogs elixidos polos 4 grupos foron os de Víctor, Héctor, Roberto Freire e pola nosa parte, o de Éric.
 Todos os membros do grupo, menos Sara e eu, elixiron o blog de Víctor. Sara e eu pensamos que o mellor blog era o de Freire, debido a que os apuntes de natación así como as entradas estaban mellor elaboradas e tamén mellor expresadas, sobre todo fixándonos no contido das entradas semanais.
 Como o resto do grupo estaba de acordo en que o mellor blog era o de Víctor, a elección final do grupo foi a de Víctor, por maioría de votos.

 O mellor blog e, polo tanto o que recibiu máis votos en xeral por parte da clase, foi o blog de Héctor.
Eduardo entregoulle un pequeno premio para indicar que foi o mellor de toda a clase e todos aplaudimos e felicitamos ao gañador.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que