Saltar ao contido principal

EXPERIENCIAS EN JACA

 Dende o 28 de xaneiro ata o 2 de febreiro tivemos a sorte 10 alumnos do grupo de ir a estación de esquí de Candanchú situada no Pirineo Aragonés.
A viaxe ata Jaca, onde tiñamos ó hotel, foi dunhas 8 horas, un viaxe abondo largo e moi cansado pero que realmente mereceu a pena.
 Nada máis chegar, fumos a probar o material para realizar snowboard e o martes comezou a rutina da semana na neve.
Ás 7:15 debíamos levantarnos para prepararnos e baixar a almorzar ao comedor do hotel ás 7:45. Unha vez almorzados, debíamos coller o material necesario para ir a facer snow a Candanchú, a onde saíamos en bus as 8:30 da mañá. Sobre as 9 da mañá chegabamos á estación, collíamos as tablas e subíamos a facer snow ata as 12:30 da mañá, hora a cal comezaban as clases do curso de iniciación co noso profesor, Rafa, un crack coa tabla e un profesor moi agradable e divertido aínda que algo impaciente. Ás 14.15 o curso remataba, e a esa mesma hora baixabamos a comer ao restaurante que había na estación, e gozabamos de tempo libre ata as 15:30, cando se comezaba a sesión de tarde ata as 16:30. A esa hora, deberíamos de baixar a deixar as tablas no almacén (xaulas) que a estación nos prestaba para gardar o material e despois poñer rumbo ao hotel, no que ao chegar nos duchabamos e tiñamos tempo libre para poder pasear pola cidade de Jaca, tomar algo nalgún bar ou ver o centro da cidade.
 O primeiro día do curso de snow foi bastante duro, xa que comezar a controlar a tabla de snow é algo moi complexo, ademais de que eu levaba a idea de que a técnica era parecida á dos esquís, polo que me costou algo o control da tabla. Pero o segundo día xa aprendimos a maioría da clase a baixar pistas sinxelas de talóns, a pesar das caídas, comezamos a ter un maior control da tabla.
 Nos días posteriores comezamos a controlar a tabla de maneira máis natural, baixando pistas verdes de talóns e tamén de puntas, incluso os dous últimos días que estivemos na estación, baixamos pistas de cor azul e incluso vermellas, estas últimas co noso profesor, Rafa e tamén os compañeiros de outros sitios que estaban aprendendo a facer snowboard.
 Como conclusión desta semana en Jaca, a experiencia de ir á neve, aprender a realizar de maneira principiante novos deportes como o snow, é algo xenial e que nos fai mellorar no que máis nos gusta, o deporte, ademais de convivir con compañeiros que pasan a ser os teus amigos despois de convivir unha semana con eles e conocelos de maneira máis persoal.
 Sen dúbida, se alguén ten a oportunidade de ir á neve, e aprender a esquiar ou facer snowboard, persoalmente lla recomendo, xa que é algo increíble e que botaredes de menos.
Espero volver moi cedo a facer esquí ou snowboard a unha estación, vivir novas experiencias e mellorar a miña técnica nestes deportes, así como mellorar a relación con outras persoas e conocer a máis xente.
 Grazas a todos por ler esto, recordade, vivir experiencias con compañeiros é algo que realmente merece a pena, que nos enriquece como deportistas e tamén como persoas.
 Saúdos bloggers!! 😊😊

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que