Saltar ao contido principal

ADMINISTRACIÓN DE ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

 Ola bloggers!

 Boas a todos bloggers, na entrada de hoxe, imos a falar dun tema que me parece moi interesante e que me está a sorprender nas últimas semanas.

 Desde principio de curso, Eduardo comentounos que ibamos a facer ao longo do curso distintas actividades no medio natural que servirían para ampliar os nosos coñecementos e ademais desfrutar e aprender novos deportes.

 As actividades propostas polo profesor foron as seguintes: esquí ou snowboard en Candanchú, escalada, rafting, surf, senderismo e vela. Todas estas actividades conlevan un gran coste, polo que desde o primeiro momento empezamos a funcionar e a traballar en distintos aspectos para poder levar a cabo as actividades e tamén conseguir que o prezo destas fose menos elevado. 
Por exemplo, para ir á neve, a axencia de viaxes coa que fomos, deunos unhas rifas de 2€ para poder vender e así gañar algo de diñeiro para poder financiar as actividades que quixeramos realizar. 

 Ao que quero chegar é ao inmenso esforzo que fixemos todos los alumnos, uns máis ca outros, pero en xeral todos, para que estas actividades se poidan levar a cabo. Grazas soamente á venda de rifas puidemos recaudar moitísimo diñeiro, algo que posibilita e da moita máis oportunidade aos alumnos de ir a cada unha das actividades que están plantexadas desde o comezo do curso. 

 Por outro lado, nesta avaliación dividímonos por grupos, cada grupo tratando unha actividade.        
É dicir, a escalada, ou o rafting, que vamos a realizar no mes de abril se todo sae ben, son actividades que organizamos nós, na que os integrantes dos grupos destas actividades estiveron a falar cas empresas organizadoras para poñer data ás actividades. 
Esto tamén nos fai desenvolvernos por nós mesmos, tomar contacto co que é a organización de actividades no medio natural e nos fai gañar algo de experiencia se queremos volver a organizar algunha actividade do mesmo tipo. 

 Ah, e por certo, ademais da gran cantidade de diñeiro que xa conseguimos soamente coa venda de rifas, estivemos a debatir en clase sobre cómo conseguir aínda máis diñeiro e que as actividades no medio natural fosen máis asequibles e así máis xente acudise a elas. Acordamos todos a compra dunhas camisetas que posteriormente vamos a vender cun logo personalizado para a ocasión, pero houbo máis ideas como realizar unha especie de mercadillo de cousas que non utilizabamos ou tamén a venda de pegatinas cun logo personalizado. 

 En resumo, como podedes ver somos un grupo que sen dúbida está a traballar de cheo para poder realizar actividades no medio natural, as cales estamos administrando e organizando nós mesmos por grupos. 
Persoalmente pareceme que a xenerosidade en xeral de todos nós está sendo increíble, e que se todo sigue así todos poderemos realizar as actividades no medio natural, que como xa dixen antes son oportunidades para coñecer novos deportes e desfrutar novas experiencias.

E ata aquí a entrada de hoxe, grazas pola vosa atención bloggers!! 👌👋👍

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

OBSERVAR E DIALOGAR

Boas!   😄   Ola a todos bloggers, por fin venres e hoxe traio unha curiosidade como tamén puidestes ler a semana pasada do ocurrido durante a semana con Eduardo.   Esta semana foi, en xeral moi parecida a anterior, o luns fixemos o mesmo na piscina, avanzando cada un ao seu ritmo e mellorando a súa técnica en natación de maneira adecuada. O martes, como xa vos comentei na anterior entrada, fixemos unha autoavaliación dos coñecementos dalgunhas das probas de atletismo, e por último, o mércores e venres baixamos ás pistas para traballar a técnica en relevos e vallas e tamén practicar e mellorar no Rugby Tag, respectivamente.  De novo, pareceume moi interesante a calma e temperamento co que o noso mestre actuou ante xente con máis dificultades para mellorar algunhas técnicas. Pero hoxe, gustaríame destacar outro aspecto que me parece moi curioso das clases.   Eduardo mandounos aos alumnos organizarnos en grupos de 3 ou de 4 persoas e, posteriormente observar (dous compañeiros

COMO MANTER A MOTIVACIÓN E A CONCENTRACIÓN!

Ola a todos!  Unha semana máis completada, aprendendo novos conceptos tanto teóricos coma prácticos de natación e tamén de carreiras de atletismo.  Respecto a outras semanas, esta non tivemos a oportunidade de seguir avanzando co Rugby Tag, algo que persoalmente non me gustou, pero as condicións meteorolóxicas non estiveron do noso lado e tivemos que realizar unha variante traballando na aula de informática co blog nun novo artigo sobre as técnicas de carreira con un compañeiro da clase e que nos próximos días poderedes ver.  Pois ben, desta semana gustaríame destacar un aspecto que sucedeu o martes nas pistas cando realizamos carreiras de relevos por equipos de 4 persoas. Cabe destacar que as carreiras non se fixeron de maneira correcta posto que non dispoñíamos de toda a pista de atletismo para levalas a cabo, pero o profesor adaptou a pista onde corrimos ás circunstancias que se deron e puidemos facelo sen problema ningún e mellorar os aspectos máis importantes da técnica, que